MUDÁMONOS!
Por diversos problemas técnicos, moi complicados de expoñer aquí, A TERRA DO PRESTE XOÁN mudou de ubicación. Agora estamos en:
Esperámosvos!
Por diversos problemas técnicos, moi complicados de expoñer aquí, A TERRA DO PRESTE XOÁN mudou de ubicación. Agora estamos en:
Esperámosvos!
Estabamos meditando con que canción darvos a benvida ao novo curso. Como non atopamos ningunha que dixera algo bonito do colexio, limitámonos a desexarvos que durante este ano non vos ocorra nada do que describe esta canción de The Smiths, titulada The Headmaster Ritual (O Ritual do Director). Lede a letra con coidadiño para saberdes ao que vos enfrontades:
Belligerent ghouls (Profanadores pelexóns)
run Manchester schools. (dirixen as escolas de Manchester.)
Spineless swines, (Porcos sen azos,
cemented minds. (mentes de cemento.)
Sir leads the troops (O Director comanda as tropas)
jealous of youth. (que envexan a xuventude.)
Same old suit since 1962. (O mesmo vello traxe desde 1962)
He does the military two-step (Fai un paso militar
down the nape of my neck. (enriba da miña caluga)
I wanna go home, (Quero marchar para a casa)
I don’t want to stay (non quero quedar.)
Give up education (Deixo a educación)
as a bad mistake. (como un grave erro.)
Mid-week on the playing fields, (Na metade da semana nos campos de deportes,)
Sir thwacks you on the knees, (o Director zóscache nos xeonllos,)
knees you in the groin, (fai que te axeonlles,)
elbow in the face, (o cóbado na cara)
bruises bigger than dinner plates. (hematomas máis grandes que pratos de comida)
Belligerent ghouls (Profanadores pelexóns)
run Manchester schools. (dirixen os colexios de Manchester.)
Spineless bastards all (desgraciados sen forzas)
Sir leads the troops, (O Director dirixe as tropas)
jealous of youth. (que envexan á xuventude)
Same old jokes since 1902 (As mesmas vellas bromas desde 1902.)
He does the military two-step (Fai un paso militar)
down the nape of my neck. (sobre a miña caluga.)
I wanna go home (Quero ir para a casa)
I don’t want to stay. (non quero quedar.)
Give up life (Deixo a vida)
as a bad mistake. (como un desgraciado erro)
Please, excuse me from gym, (Por favor, excusádeme ante o profesor de ximnasia)
I’ve got this terrible cold coming on, (estou collendo un terríbel resfriado,)
he grabs and devours, (atrápame e devórame,)
he kicks me in the showers. (él patéame nas duchas.)
Cando se é alumno os cursos son longos, longos, longos… Deixas de ser alumno, vólveste profesor e os cursos fanse curtos, cur… Sempre quedan unha chea de notas no papel, de asuntos sobre os que nos gustaría ter discutido.
Non estivo mal. Case mil visitas neste curso e unha conta pendente con Mr. T desde que A Terra do Preste Xoán abríu con barra libre o novembro pasado. O próximo ano volveremos ao traballo con máis gañas. Agora é o momento de pechar o Preste para marchar de VACACIÓNS!
Mais antes os profesores iremos tecer os nosos diabólicos plans nunha comida que terá lugar… Ha! Non o revelaríamos nin sequera baixo tortura. Por causa do banquete que nos imos dar, colgo esta xigantesca reprodución das Vodas de Canaán, do pintor renacentista Veronés.
Só me queda despedirme. Moitas grazas a todos os que visitastes neste ano ao Preste. Un saúdo moi especial aos alumnos de 4º ESO, que marchan do colexio. Esperamos vervos por aquí moitas veces!

Son só unhas corenta fotos as que saquei en Barcelona, a maioría dos alumnos que foron, tanto en conxunto como por separado. A pesares de que non son moi bo fotógrafo seguro que hai algunha que vos interesa.
Se queredes vir recollelas, deixeille a Emilia, a directora, un CD con elas. Emilia vai estar aquí ao longo do mes de xullo, así que podedes vir buscalas cando queirades en horario de mañá.
Como ten que facer copias do CD para os que veñades, sería interesante que chamásedes (986 71 00 21) primeiro ao colexio para dicir que as ides vir buscar. É mellor tamén que veñades varios á vez, ou que un de vos quede encargado para recoller as fotos de varios. Desta maneira alixeiraremos o traballo da nosa sufridísima directora.
Moi felicísimo verán.

Hai uns días soubemos que o mesmísimo Mr. T era un visitante asiduo deste blogue. Vaia esta canción, War Pigs (Os porcos da guerra) como homenaxe e tributo da maior admiración.
Todos coñecedes a historia de Mr. T. Enrolado no famosísimo Equipo A, un grupo de ex-combatentes do Vietnam que se adica a axudar aos máis débiles polos Estados Unidos adiante, as autoridades federais persíguenos por delitos que nunca cometeron.
Pois ben, Mr. T: nunca debiches ter ido a aquela guerra. Como todas as guerras, esta foi unha guerra inxusta. O poderosísimo exército estadounidense masacrou aos vietnamitas ao longo da guerra (1963-75), mentres perdía cincuenta mil soldados, na súa maioría negros.
A Guerra do Vietnam, que enfrontou ao exército estadounidense coa guerrilla comunista deste país asiático, foi condenada por moita xente dentro dos propios EEUU e en Europa. O rock está cheo de cancións contra esta guerra (non tedes máis que ir a por Bob Dylan) e a nos gústanos especialmente esta, War Pigs, do grupo de heavy Black Sabbath. Se ledes a letra (enlazo aquí ao texto orixinal en inglés e poño a tradución abaixo), comprobaredes como está chea de acusacións gravísimas contra os políticos da época.
Por certo que, aínda que a canción editouse en 1970, prefiro ofrecervos esta versión dun concerto de 1978.
Os xenerais reuniron as súas multitudes
como as bruxas nas misas negras.
Mentes malvadas que planexan a destrución,
magos na construción da morte.
Nos campos arden os corpos
mentres a máquina da guerra sigue botando
a morte e o odio sobre o xénero humano,
envelenando os seus cerebros lavados
Oh, Señor, si!
Os políticos agóchanse,
só comezaron a guerra,
por que deberían ir eles pelexar?
Déixanllo todo aos pobres.
O tempo falará das súas poderosas mentes
facendo a guerra só por diversión,
tratando á xente como peóns do xadrez.
Agarda a que veña para eles o día do Xuízo Final.
Agora deixa de xirar o mundo na escuridade
mentres a máquina da guerra continúa a queimarse.
Xa non teñen o poder os porcos da guerra,
a Man de Deus golpeou:
Deus chama ao Día do Xuízo.
Sobre os seus xeonllos arrástranse os porcos da guerra
pedindo perdón polos seus pecados.
Rindo, Satán estende as súas ás.
Oh, Señor, si!
Esta semana, dando voltas e voltas pola internet, descubrimos un blogue de Xeografía e Historia que nos gusta máis que o noso: o Blog de Xosé Antón. Por iso o deixo enlazado onde os blogues amigos.
Na súa última entrada, Xosé Antón falaba da caída do comunismo na Unión Soviética contra 1991, e citaba unha canción, Winds of Change (Ventos de Cambio), do grupo de heavy-rock Scorpions.
Canto non teremos movido a melena nos nosos tempos mozos con esta canción sen saber que demo dicía! Porque como escoitastes, a canción fala dos “ventos de cambio” que se podían sentir entre a poboación de Moscova a finais da década dos oitenta. É dicir, que entre os rusos consolidábase neses anos unha forte oposición ao comunismo, que rematou por caer no verán do 91.
O caso é que os Scorpions sabían perfectamente do que falaban. En 1988 actuaran en Leningrado, e tedes que saber que durante moito tempo, non se lle permitía a case ningún músico do mundo capitalista actuar nos países comunistas. A actuación dos Scorpions deulles unha enorme popularidade na Unión Soviética: das súas experiencias alí naceu esta canción, que se publicou en 1990 e que se converteu nun símbolo da resistencia ao comunismo.
Esta entrada é insuperábel: música, Historia e… MARADONA!
Porque hai goles que fan Historia e convértense en cancións: o 22 de xuño de 1986, en México, Inglaterra e Arxentina xogaban os cuartos de final da Copa do Mundo. Foi un partido equilibrado até que, no minuto 51, Maradona marcou o primeiro gol do partido un pouco coa man e outro pouco coa cabeza, como máis tarde declarou o propio xogador.
A man de Maradona foi bautizada como a man de Deus; de aí o título da canción do cantante arxentino Rodrigo Bueno.
Tres minutos despois, noutra xenialidade, Maradona puxo o 2-0: si, ese gol no que colle a pelota case na súa area, regatea a un cento de xogadores ingleses, ao mesmo porteiro e marca con toda a tranquilidade.
No 80 Lineker marcou para Inglaterra, mais o partido quedou 2-1 para Arxentina. Outros dous goles de Maradona e nas semifinais desfíxose de Bélxica. Gañou na final a Alemania Federal: 3-2.
Preguntarédesvos: que ten de Historia este partido? Ben. Arxentina estaba nunha enorme crise económica daquela, así que a vitoria na Copa do Mundo alivioulles un pouco as penas. Ademais Arxentina perdera catro anos antes a Guerra das Malvinas contra Inglaterra: o que non gañaran na guerra gañábano no fútbol. En fin!
Entre os nosos alumnos fai furor Porta, un rapeiro barcelonés de 18 anos. Levan semanas tentando convencernos das súas bondades. Non dubidamos de Porta en absoluto, porén preferimos mirar atrás: a finais dos oitenta e principios dos noventa, sen dúbida a época dourada do hip-hop.
En 1987 Public Enemy publicou o seu primeiro disco. Foi toda unha revolución, porque as bases da música eran moi coidados e, sobre todo, porque as letras de Chuck D non se parecían en nada ás que se escoitaban noutros grupos de hip-hop.
Entendámonos, os rapeiros sempre falaron do que máis ou menos segue falando agora Porta. Que se eu rapeo mellor que ninguén no barrio, que se todas as rapazas se derreten por min cando subo o escenario… Ufff! Canta prepotencia! As letras de Public Enemy, pola contra, eran letras políticas: denunciaban case sempre o racismo contra os negros en EEUU.
No caso de “Black Steel in the Hour of Chaos” (Aceiro negro na hora do caos), a cousa ía contra o exército norteamericano, e a súa manía de enrolar soldados negros, máis ou menos á forza. Estes soldados negros remataban sempre nos conflitos máis violentos, e como agora en Iraq, eran a maior parte dos mortos do exército.
Xuro que teño a letra desta canción traducida por algures. Non a poño en galego porque non me acabo de atrever, que hai bastantes palabras que non entendo. Póñovos a letra en inglés e conformádevos con saber que, como vedes no vídeo, a historia é a dun rapaz negro que recibe unha carta do goberno para que faga o servizo militar. Aínda que se nega, é atrapado pola policía e encarcerado. Organiza un motín no cárcere e consegue escapar: A cell is hell, so I rebel (Unha cela é o inferno, así que me rebelei):
I got a letter from the goverment
the other day.
I opened and read it.
It said they were suckers,
they wanted me for the army or whatever.
Picture me given’ a damn: I said never.
Here is a land that never gave a damn
about a brother like me and myself
because they never did.
I wasn’t wit’, but just that very minute…
It occured to me
the suckers had authority.
Cold sweatin’ as I dwell in my cell,
how long has it been?
They got me sittin’ in the state pen.
I gotta get out, but that thought was thought before
I contemplated a plan on the cell floor.
I’m not a fugitive on the run
but a brother like me begun -to be another one
public enemy servin’ time- they drew the line y’all
to criticize me some more crime -never the less.
They could not understand that I’m a Black man
and I could never be a veteran.
On the strenght, the situation’s unreal,
I got a raw deal, so I’m going for the steel.
They got me rottin in the time that I’m servin’
tellin’ you what happened the same time they’re throwin’
four of us packed in a cell like slaves - Oh , well
the same motherfucker got us livin’ in his hell
You have to realize - What is a form of slavery
organized under a swarm of devils.
Straight up - word’em up on the level
the reasons are several, most of them federal.
Here is my plan and I say
I got gusto, but only some I can trust - Yo
Some do a bid from 1 to 10
and I never did, and plus I never been.
I’m on a tier where no tears should ever fall
cell block and locked - I never clock it y’all
‘cause time and time again time
they got me servin’ to those and to them
I’m not a citizen
but ever when I catch a C-O
sleepin’ on the job - my plan is on go-ahead
on the strength, I’m a tell you the deal
I got nothin’ to lose
‘Cause I’m going for the steel.
You know I caught a C-O
fallin’ asleep on death row.
I grabbed his gun - then he did what I said so
and everyman’s got seved
along with the time they served
decency was deserved.
To understand my demands
I gave a warnin’ - I wanted the governor, y’all
and plus the warden to know
that I was innocent
because I’militant
posing a threat, you bet it’s fucking up the goverment.
My plan said I had to get out and break north
just like with Oliver’s neck.
I had to get off - my boys had the feds in check,
they couldn’t try nuthing
we had a force to instigate a prison riot.
This is what it takes for peace
so I just took the piece
Black for Black inside time to cut the leash
freedom to get out -to the ghetto- no sell out
six C-O’s we got we ought put their head out
but I’ll give them a chance , ‘cause I’m civilized,
as for the rest of the world they can’t realize
a cell is hell - I’m a rebel so I rebel.
Got a woman C-O to call me a copter
she tried to get away and I popped her
twice, right
now who wanna get nice?
I had six C-O’s now it’s five to go
and I’m serious - call me delirious
but I’m still a captive
I gotta rap this.
Time to break as time grows intense
I got the steel in my right hand,
now I’m lookin’ for the fence.
I ventured in the courtyard
followed by fifty two brothers.
Bruised, battered and scarred but hard
goin’ out with a bang
ready to bang out.
But power from the sky
and from the tower shots rang out.
A high number in dose -yes
and some came close.
Figure I trigger my steeel
stand and hold my post
This is what I mean -an anti-nigger machine
If I come out alive and then they won’t -come clean
and then I threw up my steel bullets- flew up,
blow up, who shot…
What, who, the bazooka was who
and to my rescue, it was the S1Ws
secured my getaway, so I just gotaway.
The joint broke, from the black smoke
then they saw it was rougher than the average bluffer
‘cause the steel was black, the attitude exact
now the chase is on tellin’ you to c’mo
fifty three brothers on the run, and we are gone.
Remato deixándovos por aquí un enlace sobre cultura negra: We ain’t no niggas!


1. Compara estes dous templos. Saberías dicir cal deles é grego e cal romano? En que baseas a túa opinión?
2. Este retrato de Octavio Augusto consérvase no Museo de Arte Romana de Mérida. Coméntao atendendo a estas cuestións:
a) Le os párrafos LXXIX-LXXXII da biografía de Augusto por Suetonio e di se a imaxe se parece ao relatado.
b) Esta imaxe foi atopada en Mérida, no antigo templo de Augusto. Dáche isto unha idea do que leva Augusto na cabeza? Para que podía servir este retrato? A que época pertence?
c) Como lle chamamos a este tipo de escultura? Fai unha análise estética: É un retrato realista? Por que?
d) Por todo o que dixeches antes, paréceche que o retrato servía ben á súa función?

Pouco a pouco esperta entre nós o gusto por aprender historia doutra maneira: por medio da imaxinación. Como se pode coñecer unha cidade medieval se non facemos o esforzo por situarnos no tráfego das súas rúas primeiro, sentir os malos cheiros, recoñecer os zapateiros, curtidores, ferreiros… Os de 2B están preparando xa unha obra de teatro sobre un rei medieval e as súas díscolas fillas que ELES MESMOS redactaron e que esperamos que poidan representar a final de curso.
E así, pouco a pouco. Conforme ao prometido, traemos por fin os contos que gañaron o I Concurso de Ficción Histórica. Trátase de Raquel Dopazo Cornes e Francisco Giráldez González A desfrutalos: